Séguenos nestas redes sociais

Saúdo do flotador das piscinas do Aquapark

Flotador das piscinas do Aquapark

Entradas

  • Os tipos de entradas dispoñibles son: entrada ordinaria, para familia numerosa, grupos e abonos; todos eles condicionados a un rango de idade.
  • Clica co rato na ligazón “mercar xa” para acceder á compra online (máis información neste enlace).
  • Existen dúas categorías de entrada para todos os tipos: un para os días laborables e outra para fins de semana e festivos.
Entrada ordinaria e familiar Mercar xa

De luns a venres
Mercar xa

Fins de semana e festivos
Maior de 13 anos (incluído) 7,00€ 8,00€
De 5 a12 anos (incluídos) 5,00€ 6,00€
Menor de 4 anos (incluído) 0€ 0€
Familia numerosa (*)    
Maiores de 13 anos (incluído) 6,00€* 7,00€*
De 5 a12 anos (incluídos) 4,00€* 4,00€*
Menor de 4 anos (incluído) 0€* 0€*
Abono 7 días  
Maior de 13 anos (incluído) 30,00€
De 5 a12 anos (incluídos) 21,00€
Menor de 4 anos (incluído) 0€
Grupos de 30 ou máis persoas
Reservas no teléfono 981 68 50 36

 (*) Para a obtención dos descontos por familia numerosa, é imprescindible a acreditación desta condición no momento de aboar a entrada ó parque acuático, mediante a presentación do título de familia numerosa. As persoas que acrediten a condición de discapacidade superior a un 33% mediante a presentación do correspondente certificado de minusvalía, gozarán das mesmas bonificacións cás familias numerosas.

981 68 50 36 (de 8.30 a 14 horas)

contacto@aquapark.cerceda.org


O USO DESTA ENTRADA COMPORTA A ACEPTACIÓN DAS SEGUINTES CONDICIÓNS:

  1. O comprador da entrada ou a persoa á que esta nominada asume toda responsabilidade en caso de que a devandita entrada se presente por duplicado, fotocopiada ou falsificada, perdendo todos os dereitos que esta lle outorga para poder acceder ao evento.
  2. Calquera entrada engurrada, rota ou que presente indicios de falsificación autorizará o Organizador a privar o seu portador do acceso ao recinto.
  3. A Organización non se fai responsable das entradas que non fosen adquiridas nos puntos de venda oficiais.
  4. Non se admitirán devolucións ou cambios de entradas agás en caso de cancelación do evento. Neste caso será a Organización quen realizará o oportuno reembolso.
  5. Segundo a Lei, a persoa portadora autoriza a Organización a efectuar as revisións ou rexistros pertinentes para verificar que se cumpren as condicións de seguridade.
  6. A organización resérvase o dereito de admisión.
  7. A posesión desta entrada non dá dereito a utilizar esta con fins publicitarios, de mercadotecnia ou de promoción.